HO

Blogue do grupo Xente da Casilla


Non creo moito niso da inspiración


El mirador

Milagros Cotelo Rama
O Pazo da Cultura acolle ata o próximo día 9 unha mostra da artista carballesa.
Sete anos despois da súa primeira exposición, Milagros Cotelo mostra ao público carballés catorce novas obras.
-¿Como empezou nisto da pintura?
-Desde sempre me gustou pintar e debuxar, e hai xa moitos anos que comencei a asistir ás clases na Casa da Xuventude. A pintar xa máis en serio, comencei hai dez anos.
-As paisaxes e as figuras humanas parecen ser as notas dominantes nesta nova mostra.
-Sempre me gustou moito a natureza e pintar paisaxes é algo moi relaxante. En canto á figuración, é algo que estou facendo nesta nova etapa e que me serve para reflexar a soídade e a incomunicación que sofre moita xente.
-Hai algún estilo ou autor que a marcase especialmente.
-Gústame moito o expresionismo e o impresionismo, pero tamén admiro a Velázquez, Dalí ou Barceló. Sobre as influencias, penso que vas collendo un pouco de todos.
-¿Cómo é o seu xeito de traballar?
-Fago bocetos antes de poñerme diante do lenzo. Ás veces podo estar con dous cadros á vez, ou deixar un para dedicarme a outro, e retomar o primeiro un tempo despois. O problema é que só pinto un día á semana.
-¿E que sucede se a inspiración se presenta noutro momento?
-Non creo moito niso da inspiración, aínda que non sei que pasa no caso dos xenios.
-A mostra está a ter moi boa acollida.
-Si, desbordoume totalmente o acto da inauguración no que estivo toda a miña familia, os meus amigos, os representantes do Concello.
-O seu traballo tamén é un exemplo de que a arte non entende de barreiras.
-Na medida, en que un ten algunha posibilidade, aínda que sexa pequena, eu creo que así é.
-¿É complicado conseguir un cadro seu?
-No caso desta mostra, entre familiares e amigos xa non vai quedar para ninguén máis.
-¿Próximos proxectos?
-Quero retomar o debuxo e tamén modelar.
 
 
Fonte: La Voz de Galicia (Carballo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Humor gráfico

Etiquetas

Derrubando Muros

Laboratorio Escénico Coop

Arquivo do blogue