domingo, noviembre 22

O meu Barrio-José M. Canedo


Pertenzo a un barrio dos arrabaldes de Carballo. Un barrio que tiña personaxes moi peculiares nos anos 1960-1970. Escomenzo por o zapateiro, Manolo Pelolo. Unha gran persoa, moi entrañable, tiña sempre a zapatería chea de nenos. E contáballes moitas historias e aventuras.Tiña os pantalóns caídos com os de catinflas e como a xuventude de agora. Pero ainda mais caídos os tiña cando ía a facer as súas necesidades á corredoira que levaba ao Anllóns. Metía a cabeza na matogueira para que non o coñecesen. Pensaba que as partes de atrás eran todas iguais. Outro personaxe moi querido era Chucho de Penedo. Tiña un Ultramarinos ¡Que bocadillos de sardiñas!. Alí xogabase ao xadrez, a ra, as cartas e mercábase case que de todo ¡Ata sen cartos!. A súa frase mais usada era "Xa me pagarás". Outro era Manolo Mustafá. Mustafá Chispumbumbá así lle chamaban. Estabamos moi ledos que vivise alí de día, pero de noite non, pois púñase a tocar a horas intempestivas. Era solista, saxofonista, trompetista, armoniquista, baterista, guitarrista, manager,director de orquesta, conductor do trailer, bueno da moto con remolque, era recebidor de tomates, de ovos e de terróns. Vou a contar unha anécdota de Mustafá: Chucho do Allo tiña unha taberna ambulante e organizaba algunha que outra verbena, chamóu a Mustafá. Mustafá ante a concurrencia dixo " Coidado, coidado con los torrones, porque se no se lo dijo a Chucho del Ajo". Mustafá era un inventador,foi dos primeiros en ter unha televisión en cor. Con tres plásticos transparentes de cor vermello, azul e verde ben tensos nun marco e este acoplado a televisión de branco e negro, Mustafá tiña unha televisión a cores. E quédame o último, Ernesto de Canaveiras. Ernesto tiña unha sala de xogos, que digo, tiña un pavillón deportivo. Alí xogábase ao pin-pong, ao billar, ó futbolín e ó baloncestolín. ¿A que poucos vos lembrades do baloncestolín?.Era como o futbolín, acristalado, con cinco bonecos de cada lado. diante de cada boneco había unha trampiña que se accionaba con un mando (todo mecánico, todo manual, nada electrónico). As trampiñas estaban nun terreo descendente e a bola ía a parar alí. Accionabas o mando e a bola voaba cara a canastra. Según a forza que lle diras ó mando a bola entraba ou non. Lembrome dunha anécdota nos futbolíns de Ernesto: Suso o Tranquilo e Xoán o Pispiso xogaban contra Xoán de Ramona e Xosé Manuel de Marcial. Xoán e Xosé Manuel gañaban e con unha gran euforia Xosé Manuel dixo:"¡Somos os peores! e Suso o Tranquilo,nada tranquilo, dixo:"¡ Iso hai que velo!. Ernesto era un home adiantado ao seu tempo. Vendía condóns cando estaban prohibidos. Era a única solución para que as mozas dos pobres non tivesen fillos. As dos ricos ían a Londres a abortar. Os dereitologos non é que estean en contra do aborto, están en contra de que todo mundo poida abortar. Ernesto non vendía a pílula do día despois, vendía o condón do día antes. Xosé Manuel de Marcial comproulle un e ainda o ten. Dada a miña inmobilidade, non puden ser testiga de estas historias. Contoumas Xosé Manuel de Marcial que agora vive en Sofán pero é da Casilla. Este é o meu barrio. Chamanlle así por a casa de peóns camineros que alí hai. Eu son esa casa. Eu son a Casilla.

0 comentarios :

Publicar un comentario