HO

Blogue do grupo Xente da Casilla


A xunta xestora dará a boa nova nos próximos días


José Cotelo Peréz

O ex presidente do club carballés confía en que moi pronto apareza a directiva que se faga cargo da dirección do equipo

Malia que como comentou o ex presidente do Bergantiños, José Cotelo, «aínda hai cousas no aire», nos próximos días esperan poder dar a boa nova de que o club solucionou os problemas que acurralaron o conxunto carballés.
A pesar de que o mandatario deixará o club por motivos laborais, comentou no programa La Voz del Deporte , de Radio Voz, que tratará de vir a todos os partidos que poida porque, asegurou, «é o equipo do meu pobo e de todos os carballeses». Durante a entrevista resaltou que a «xunta xestora está traballando moito para solucionar a situación canto antes».
Ao respecto da situación económica sinalou que a «situación do equipo está solventada» e ademais matizou que «o Bergantiños non necesita avais. O único que tería que facer o club é dar de alta á nova directiva, pero non ten que presentar avais nin nada de nada».
-¿Habituouse a que o chamen ex presidente?
-Pois non, porque foron moitos anos estando de presidente e de vicepresidente e agora teño que acostumarme a esta nova situación, que eu mesmo elixín.
-¿Cal é o motivo para deixar a presidencia do Bergantiños?
-Tiven que deixalo á forza. Por motivos laborais, porque teño a sorte de ter que marchar de España para facer unhas obras importantes e non podo dedicarlle todo o tempo necesario ao club. Diante desta situación penso que o mellor é deixar o posto de presidente.
-¿Como está a situación neste momento?
-A xunta xestora está traballando moi duramente e onte (polo luns) estivemos reunidos co alcalde, que dixo que nos vai axudar. Penso que esa axuda vai ser importante, xa que el mesmo se propuxo para falar con empresarios e con xente que lle quere ben ao Bergantiños. Nós queremos que o apoie economicamente, pero a crise tamén está no Concello. O importante é que o goberno municipal está a apostar polo Bergan.
-¿Por que non hai directiva nestes momentos?
-Realmente non hai directiva polo medo que se lle ten a responsabilidade que carrexa ser o presidente do Bergantiños, porque é unha empresa grande e impón moito, pero neste momento hai xente disposta a asumilo e creo que nos próximos días se vai facer unha nova directiva.
-¿Que necesita ter esa nova directiva?
-Hai que buscar xente que traballe, unha directiva que volva animar ao pobo a seguir ao equipo. O campo ter que estar sempre como o día do ascenso e para iso hai que ter unha directiva ampla. Necesítase sangue nova, xa que algúns directivos están saturados.
-¿A afección carballesa merece ter un equipo en Terceira División?
-Isto tamén depende da directiva, de facer unhas boas campañas. O campo non se adapta moito porque está no inferno, nunca debeu saír de Carballo. Ter que sacar o coche despois de comer para ir ao campo non é doado para ninguén e isto é un tema que prexudica moito ao Bergantiños.
-¿Como se resolve a situación que atravesa o equipo?
-Isto arránxase sendo socio e despois opinando, pero sen ser socios hai algúns que bombardean ao Bergantiños, e eu penso que esta entidade merece o respecto de todos os carballeses. Os que están amolando ao club son os que non son socios.
-¿Que pasará co Bergantiños nos próximos días?
-Penso que nos próximos días, esta xestora que traballa moito, apoiados por outros empresarios, dará a boa nova. A nova esperada por todos.

Fonte: La Voz de Galicia (Carballo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Humor gráfico

Etiquetas

Derrubando Muros

Laboratorio Escénico Coop

Arquivo do blogue