Presentación do blog



Sirva este blogue para que a Xente da Casilla sepamos un pouco máis de nós mesmos.
Non importan as idades, só importa que se teña algo que ver co Barrio Da Casilla. Das novas xeneracións contamos que participedes no blogue e que vos fagades seguidores sen tardanza para que a xente se vaia animando e, entre todos, lle dermos vida. Tamén sodes vós quen lle tedes que dar un empurrón ós vosos pais e ós vosos avós para que se atrevan a contar as súas lembranzas e se animen a participar. Este blogue  nace dunha idea de Milagros Cotelo Rama e José Manuel Canedo Aguiar, quens se lembraron de Juan de Ramona, e aquí estou eu, facendo o que podo.

Visualizar o mapa ampliado