HO

Blogue do grupo Xente da Casilla


Presentación de Silvia Tasende no Casino carballés


A comunicadora, docente e escritora presenta a súa primeira novela, «O espírito das Maceiras». A escritora carballesa Silvia Tasende continúa coa xira de presentacións da súa primeira novela, O espírito das Maceiras, que vén de lanzar con Medulia Editorial e da que esta tarde falará no Casino de Carballo. Será ás sete e estará acompañada da tamén xornalista Alejandra Mareque.

O volume, contou ela mesma para La Voz hai unhas semanas, é unha novela coral que transcorre na aldea chamada Morriña, un lugar no que, chegado o momento, a protagonista deberá decidir se queda ou non. Hai retrospección, hai lembranzas, hai recordos e hai, sobre todo, unha homenaxe «ás aldeas íntimas e remotas» que se levan dentro e que ás veces mesmo protexen do mundo.

Fonte: La Voz de Galicia

Entradas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Humor gráfico

Etiquetas

Derrubando Muros

Laboratorio Escénico Coop

Arquivo do blogue