Este domingo pasado, foi pasado por
auga. Non é que chovera moito, só choviu unha vez, dende as doce da
mañán ata as doce da noite!!. Fun andar co meu chuvasqueiro, zapato
impermeable e paraugas, e díxenme :"Por min que chova! ( que non é o
mesmo ca que chova por min). Atopeime con Venancio da Crega, coas
súas muletas, pois rompiu un pé caendo da beirarúa. Venancio é da
Agualada (Coristanco) vive na Casilla. Saudeino :
-Ola Venancio! Vas a mollar as muletas!
-Tamén ti mollas o paraugas!
Ofrecinme
a acubillalo debaixo do meu paraugas e levalo a casa. Aceptou. Venancio
ten unha conversa moi interesante, agradable e filosófica. Encántame
debater con el. Dame moitas ideas para as miñas historias. É un gran
orador, valería para político se non fose que non ten espírito
pinochiano, e encende a primeira.
Pasamos
por diante da horta de Rama de Carballo de Arriba, que xa, cando eu era
pequeno, estaba abandoada, e conteille que de rapaz íamos a roubar a
froita a esa horta. E díxome el :"Eso non é roubar nin farrapo de
gaitas. Roubar e ir a unha horta dunha casa habitada. Cando eu era
rapaz,e mais o meu amigo o Lagoeiro, fillo do Lagoeiro (traballador de
peones-camineros, que arranxaban as cunetas e as estradas) queríamos
roubar na horta do sr. Silverio, posuidora dos millores frutais da
redonda, pero cada vez que tentabamos saltar aquela tapia, aquel muro,
aquel balado... tan pronto os nosos dedos asomaban ao borde, vareada que
te criou- menos mal que xa estabamos afeitos as vareadas da escola-.
Non había maneira! O vello sempre estaba alí. O Lagoeiro pai, ademais do
seu traballo, era o barbeiro oficial da Agualada. O sr. Silverio ía
todolos venres a afeitarse. Esto non lle pasou desapercibido ao Lagoeiro
fillo, que me dixo:
-Cando
estea coa escuma na cara avísote, ti saltas a tapia, e eu vixio. Foi a
primeira e a única ves que entramos na horta do sr. Silverio, pois debía
ter contados o froitos, e dende esa deixou barba.
En definitiva Venancio da Crega é o meu muso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario