O Pazo da Cultura acolleu onte a inaguración da exposición colectiva Obras por Descubrir, reunindo a varios artistas locais, que este ano adicaron ao seu compañeiro, Alberto Gende.
Presidindo a exposición había unha colaxe feita polos novos creadores empregando materiais do propio Alberto.
Este era o único cadro á vista, tódolos demais estaban agochados por telas brancas. Pero tódalas cores fixeron a súa aparición tra-la acción artística dos actores da Aula Municipal de Teatro.
Para rematar a “representación oculta”, Rosalía Fernández recitou un poema.
Os artistas que participaron coas súas obras pintaron durante a exposición a colaxe ata que acabou oculta de branco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario