Dille un amigo a outro:
- Namoreime de unha rapaza. Ata me casaría con ela, pero son tan pouca cousa!
-Deixame
a min! Eu voute a asesorar. Tes que cambiar de peiteado, vestirte mais a
moda, correxir a túa linguaxe... De onde é ela?
-E dun lugar da Agualada, alí no medio do verde, dos montes, das leiras...
-E teñen vacas, cabras e ovellas?
-Teñen!!
-Pois xa temos ganado.
A miña historia tamén vai de ganado, só que a vaca non sae ata o final!
Íamos
andando pola beira do anllóns, Venancio da Crega e mais eu, cando
estabamos chegando a Bertoa lembreime das miñas primeiras verbenas, aos
meus 13, aos meus 14 anos. Íamos as verbenas, que podíamos chegar
andando. A primeira era O Corpus de Bertoa, despois o San Xoán, San
Cristobo, o Santiago de Sísamo, ás patronais de Bertoa, a Milagrosa na
Ponte, Santa Eufemia en Bertoa e para rematar a Pilarica no barrio do
Chorís, en Carballo. Pasabámolo moi ben nas atraccións. E dime Venancio :
-A
primeira festa era o San Antonio da Agualada. Había que xuntar unhas
perras para ir ao tiro, as lanchas... a beber unha Fanta, para acadar un
yo-yo, se atopabas o premio na tapa. Eu non tiña un can, e meus pais
non me podían dar. Eu xa estaba resignado! cando pasei por diante da
casa do señor Negreira, un dos ricos da Agualada (rico e rácano), a
carón dun balado había borralla e vin unha punta. Con un pao, remexin e
atopei un montón delas. Metinas no peto e díxenme:
-Lévoas ao chatarreiro e xunto unha perras!
E díxome o señor Negreira:
-Para onde vas Venancio?
-Vou ao chatarreiro a ver que me da por estas puntas!
-Esas puntas son miñas Venancio!
-Atopeinas nesta borralla!
-E que esa borralla tamén é miña!
Quedou
coas puntas e funme para a casa todo cabreado. Nela estaba meu pai,
hora rara para estar meu pai na casa, pois debería estar a traballar nas
minas de Barilongo. Pregunteille.
-E logo, que fai na casa meu pai?
-E que morriu a Parrula, e fóronme a buscar .
A
miña nai estaba a chorar. Non había que a consolara. A Parrula era da
familia.Dábanos leite, algún que outro cucho,e era a nosa calefacción.
Aquela noite tivemos velorio. E excuso dicirvos que aquel ano non me
fixeron falta os cartos para ir ao San Antonio, pois estivemos de loito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario