domingo, noviembre 13

Cheíño recrea o seu Arteixo

Cheíño recrea o seu Arteixo

O debuxante, que retrata a vida social e política da vila nunhas viñetas que publica no seu blog, decide saír do animato para presentar unha exposición na libraría Á lus do candil

13.11.2016 | 08:49

O debuxante, Juan José Barro, cunha das viñetas da mostra.

Juan José Barro é un veciño de Arteixo máis coñecido como Cheíño de Tó. Hai catro anos decidiu empezar a facer viñetas cos sucesos destacados que ocorren na vila e mostralas no seu blog, Arteixolandia. Co paso dos anos os seus debuxos comezaron a facerse coñecidos e son moitos os veciños que están pendentes das súas publicacións. O máis curioso é que ao principio non quería que ninguén soubese a súa identidade e optou por crear un personaxe virtual. Aí naceu Cheíño de Tó. A pasada semana decidiu dar outro paso á fronte: saír do anonimato. Organizou unha exposición na libraría Á lus do candil e presentouna en persoa. Quedou sorprendido pola cantidade de veciños que acudiron. "Non sabía que houbese tanta xente que seguía o blog. Parece que gusta", asegura.

Cerca de 40 veciños estiveron presentes na presentación da exposición. Barro relata que "case ninguén sabía quen era" en realidade Cheíño de Tó e que "había morbo". Na inuaguración da mostra desvelouse o misterio. A exposición está composta por 70 debuxos en total. Juan José Barro, natural de Carballo, mostrou unha pequena parte das súas viñetas. Pódense ver ilustraciones que fan referencia a actualidade de Arteixo e a sucesos a nivel nacional. Tamén recorda que estivo quince días coa selección dos mellores debuxos para mostralos na libraría. "Seleccionar é complicado. Estiven retocando e enmarcando os debuxos", relata.

A persoa responsable de que a identidade de Cheíño de Tó saíse á luz é o propietario da libraría Á lus do Candil, o poeta Modesto Fraga, que coñeceu a Cheíño e animouno a dar un paso adiante. Fraga explica que "non todo o mundo ten acceso a Internet" e propuxo facer unha exposición. As viñetas poderán verse ata final de ano na libraría. Este libreiro quere tamén "promocionar aos creadores de Arteixo" .Un dos temas que máis trata Barro nas súas viñetas é a política local de Arteixo. Co tempo variou a forma en que debuxa ao alcalde, Carlos Calvelo. "O alcalde antes era como un retrato. Despois houbo unha segunda xeración e despois a terceira. O alcalde identifícase polo peiteado", destaca. A Juan José Barro o político que máis che gusta retratar é o portavoz do PSOE, Martín Seco. "É fácil. Ten pelo corto, cara cadrada e perilla", indica. Tamén retrata a Silvia Seixas e Charo Figueiras.

Barro tamén intenta plasmar as noticias que le nos periódicos nunha viñeta. Noutros casos reflexa anécdotas. Nos seus debuxos tamén poden verse elementos característicos de Arteixo: as fontes e os bancos do paseo fluvial.
Cheíño de Tó naceu hai catro anos despois de que unha mestra dun curso de debuxo animase a Juan José Barro a facer máis viñetas e non a botalas na papeleira." Eu tirei o debuxo na papeleira e a mestra colleuno. Díxome que o asinase", recorda.

FONTE: La Opinión A Coruña

0 comentarios :

Publicar un comentario en la entrada