jueves, mayo 6

As patadas de Severino

Como canta Alberto Cortéz, a miña infancia son recordos ...no barrio da Casilla.
Lembro cando os rapaces do barrio, e os que xa non eran tan rapaces, nos xuntabanos para votar un partido.Non importaba cantos fósemos, ninguén quedaba sin xogar.Repartianos nos dous equipos, e se faltaba algún para igualar, non pasaba nada. E senón, alí estaba o señor Barroso, que pousaba as muletas e viña a xogar con nosco.
Despois de elexir ós que habían de ser os capitans, tocaballes a eles facer o equipo,e votaban a sortes quen había de ser o primeiro en escoller.
Aquelo si que era democracia!
Era unha ventaxa, na que aproveitaban para escoller a Severino de primeiro, e non por que fose bo, senón por que non o querían ter de contrario, asi librabanse do risco de encaixar unha patada súa.
Tal era a sona das patadas do Severino, que cando viña a quitarche o balón, había quen llo deixaba levar, pois con unha patada del rematabaseche o partido. A verdade era que os máis novos corríanos máis por apartar do Severino que por meter un gol.
Non era a primeira vez que algún non o viu vir, e despóis tubo que pedirlle emprestadas as muletas o señor Barroso.
Grazas señor Barroso!
Xa chuviu, pero polo ben dos aficionados a xogar o futbol, espero que ó Severino colgara as botas.
Volvendo a copiar a Alberto Cortéz, é a pesares das patadas do Severino, moitos foi onde aprendemos ...o segredo da filantropía.

Que tempos aqueles!

1 comentarios :

...as patadas, unhas máis, outras menos, todas doen. Pero como relato, as máis temidas eran as de Severino.Era como si tivera ferro nos pés.
Saúdos para Severino.

Publicar un comentario